24 feb 2015

Preparando probas

Bos días:
Xa que a última sesión de música en sexto tivo que rematar dun xeito un tanto especial, ímolo deixar así… deixo un documento con parte da teoría explicada así como algún enlace para que poidades mellorar. Así que deixamos a proba para o vindeiro mércores 4 de marzo, sendo así unha semana máis para estudar.
Para calquera dúbida preguntadelle a Pilar ou ben deixade nos comentarios para que vos axude eu.
Por certo, non esquezades ver o vídeo de Vaia día ;)

Un saúdo e lémonos

Teoría e enlaces para 6º

19 feb 2015

Vaia día!

É o título da nova canción deste ano, a letra foi ideada polos alumnos e alumnas de 6º. Sobre a coñecida canción de ABBA, Mamma Mía, reciclando parte do baile que o grupo da clase preparou para este festival de Nadal, o ENLG xestionou a realización do vídeo que esperamos que disfrutedes moitísimo.


Un saúdo e lémonos ;)