24 feb 2015

Preparando probas

Bos días:
Xa que a última sesión de música en sexto tivo que rematar dun xeito un tanto especial, ímolo deixar así… deixo un documento con parte da teoría explicada así como algún enlace para que poidades mellorar. Así que deixamos a proba para o vindeiro mércores 4 de marzo, sendo así unha semana máis para estudar.
Para calquera dúbida preguntadelle a Pilar ou ben deixade nos comentarios para que vos axude eu.
Por certo, non esquezades ver o vídeo de Vaia día ;)

Un saúdo e lémonos

Teoría e enlaces para 6º

19 feb 2015

Vaia día!

É o título da nova canción deste ano, a letra foi ideada polos alumnos e alumnas de 6º. Sobre a coñecida canción de ABBA, Mamma Mía, reciclando parte do baile que o grupo da clase preparou para este festival de Nadal, o ENLG xestionou a realización do vídeo que esperamos que disfrutedes moitísimo.


Un saúdo e lémonos ;)

18 ene 2015

Para documentar mellor a curtametraxe

Bos días:
Como moitos xa sabedes comezamos un novo proxecto coa finalidade de narrar a historia da publicación do Cancioneiro Musical de Galicia a través das curtametraxes propostas polo alumando. Describir apropiadamente unha persoaxe non é unha tarefa doada, por iso deixo enlaces para que poidades documentar mellor o voso traballo.
Casto Sampedro y Folgar
Victor Said Armesto
Xosé Filgueira Valverde

Un saúdo e lémonos

23 dic 2014

Acompañamento de Gatatumba

E xá como xeito de prepararnos para o Nadal deixo o vídeo dos cativos de 5 anos que acompañaron a coñecida panxoliña Gatatumba cos paus chineses. Desexamos que disfrutedes tanto do vídeo coma dos días de festa
Un saúdo e lémonos

13 dic 2014

Para aqueles que xa saben...

Quizás poda resultar unha entrada misteriosa xa que non darei moitos datos, solo aquel curso que o sabe entenderá para que han de utilizar esta pista, os resto o descubrirán no festival de Nadal.
Un saúdo e lémonos
pista

15 jun 2014

O faro das relfas


E aquí está o enlace para ver a revista que fixemos entre todos, desexamos que a disfrutedes!! Tendes que clicar nun destes títulos da nosa revista que deixo aquí abaixo e descargala na páxina á que vos dirixe o enlace.

o faro das relfas
O FARO DAS RELFAS






29 may 2014

Obradoiro de ilustración

Aínda que xa se realizou fai algún tempo deixamos hoxe o enlace do vídeo das fotos que sacamos durante o obradoiro impartido por Anxo Fariña, o ilustrador dos Megatoxos, entre outros libros.
Foi unha actividade moi interesante da que, poderiamos destacar o orgullo dos debuxos que realizaron os nenos dende o primeiro ó tercer ciclo de primaria.
Destacaríades algo máis do obradoiro?