7 oct 2012

Continúa a música!

Esta entrada simplemente é unha presentación, con maior ou menor frecuencia, dependendo do tempo que lle poda dedicar actualizaremos o blog intentando engardir información de interese co obxectivo de que este blog sexa un lugar de encontro para alumnado-mestra-familias. De xeito que podedes plantexar as vosas dúbidas tamén a través do blog!
Lémonos

25 jun 2012

Eunice e Yasmina

O último día de música Eunice e Yasmina sorprendéronnos con este baile que esperamos que vos guste. Tiveron unhas presentadoras espectaculares. Moitas grazas pola vosa participación sempre. (Marta Prado)

13 jun 2012

Diccionarios interactivos

Os nenos/as de 5º e 6º fixeron en colaboración coas titoras e os equipos de normalización lingüística e TICS, estes diccionarios interactivos nos que explican algunhas das frases feitas galegas para as que buscaron imaxes significativas. (Marta Prado).

30 may 2012

Instrumentos tradicionais






Aquí tedes as imaxes dos instrumentos que traballamos na clase, si tedes algunha dúbida me preguntades.  Como se ven un pouco pequenos escribo aquí os nomes dos instrumentos de cada ficha empezando de arriba cara abaixo: nos aerófonos (gaita, requinta, bucina, pito, chiflo, acordeón, asubío e ocarina); cordófonos (zanfona e violín); idiófonos (cunchas, charrasco, castañetas, birimbau, tarrañolas e culleres); membranófonos (pandeireta, pandeira, pandeiro, bombo e tamboril). (Marta Prado)

28 may 2012

O traxe galego

Aquí tedes os nomes das principais partes do traxe galego para  que as estudedes. (Marta Prado)


La zarzuela

Aquí tedes algúns exemplos de Zarzuelas famosas para que escoitedes e teñades unha idea de como eran e soaban. (Marta Prado).

22 may 2012

Maio vístete de crego

Os nenos e nenas de 4º interpretaron unha pequena canción dos Maios con instrumentos de pequena percusión para festexar esta tradición popular. (Marta Prado)

Maios




1) Antigamente nesta época, saía a xente de noite con fachos de palla polas terras cultivadas, e realizaban unha cerimonia de protección das sementes para afastar delas os perigos que as puidesen estragar.
2) Póñense ramos de xesta nas terras cultivadas, especialmente despois de sementadas.
3) Tamén se poñen ramos nas cortes do gando ou nos apeiros de labranza.
4) Facíanse arcos engalanados con flores e follas que se colocaban en prazas e camiños.
5) Unha costume case desaparecida, consistía en erguer nun lugar céntrico e visible unha árbore derramada de tódalas pólas agás do curuto.
6) Considerábase esta época como moi apropiada para o amor e a galantería.
7) O mozo entregáballe un ramo de xesta á moza que o pretendía: se o ramo era aceptado entendíase que a moza aceptaba o galanteo.
8) Nalgúns lugares, a derradeira noite de abril os mozos poñían ramos nas portas e balcóns das casas das mozas para que soubesen que alguén as pretendía.
9) Estas festas celébranse para asegurar o agromar das sementes e o crecemento dos animais, ofrecendo, por medio de cerimonias que se celebran, homenaxe ós espíritos de plantas e animais.
10) Dende moi antigo,existe un ciclo de festas relacionadas co espertar da natureza e a chegada do bo tempo.

11 may 2012

Santa María Strela do día

As nenas e nenos de 6º de primaria estiveron traballando a Idade Media na aula de música onde aprenderon a cantiga de Santa María Strela do día. Neste vídeo podedes observar o ven que a saben tocar cos diferentes instrumentos da aula. (Marta Prado).

26 abr 2012

Simama kaa 4º

Os nenos e nenas de 3º, 4º, e Ed. infantil aprenderon a canción de Tanzania Simama Kaa que interpretaron con globos e palillos chinos, ademais de pandeiros e pandeiretas. (Marta Prado).

Simama Kaa

Esta semana estivemos a traballar a canción de Tanzania Simama Kaa. Nalgúns casos a traballamos con globos e palillos chinos e noutros casos cos palillos e parches de pandeiros e pandeiretas.
Tanzania é un país africano e localízase:
                                                                                                                                                                                      

Neste vídeo podedes observar como unha persoa de Tanzania amosa o xogo a nenos e nenas de primaria:

11 abr 2012

O crebanoces

Aquí tedes a historia do Crebanoces, un conto moi famoso no que se baseou Tchaikovsky para compoñer a súa famosa Suit del Cascanueces, da que escoitamos na clase a Marcha. (Marta Prado)

Au clair de la lune

Hoxe houbo na clase unha pequena sorpresa coa que todos quedaron asombrados, é unha pequena caixa de música como a que aparece na fotografía superior que toca a canción francesa Au clair de la lune que tedes no vídeo. (Marta Prado)

14 mar 2012

A galinha pintadinha

Esta canción tan chula tróuxonola Antón de 1º. Estivemos cantando varias cancións do seu Cd en portugués que nos gustaron moitísimo, e incluso aparecía a que nos cantaron os nenos de 2º do Sapo que non lava o pé. Gozade destas fermosas cancións. (Marta Prado).

12 mar 2012

EL SAPO


Como o prometido é deuda, aquí tedes unha canción típica do Brasil coas vogais. Esperamos que vos guste. (Marta Prado)

8 mar 2012

Las vocales

Este agasallo é sobre todo para os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria. A canción das vogais de cantajuego e máis difícil todavía a da formiguiña, da que teremos en breve versión en brasileiro. (Marta Prado).

16 ene 2012

Festival de Nadal

Os nenos e nenas fixeron no día de Nadal unhas actuacións fermosísimas que vos deixamos aquí para que disfrutedes con elas.





Septimino de Beethoven

O  Septeto o Septimino Op. 20 de Beethoven é unha obra de xuventude. Está escrito para violín, viola, violonchelo, contrabaixo, clarinete, trompa e fagot. O nome, septeto, se debe a estar escrito para sete instrumentos.
Foi adicado á Emperatriz María Teresa e publicado en 1802. Dende un primeiro momento obtuvo unha acollida moi favorable, contribuíndo ó prestixio do xoven alemán en Viena.
Escrito en seis movementos, chegou a tocarse tanto que Beethoven pensou en substituír  os instrumentos de vento por outro violín, outra viola e outro violonchelo. O minueto acadou unha fama extraordinaria, ata o punto de que Beethoven o incluíu na Sonata Op. 49 núm. 2 para piano.
Dos seis movementos aquí podemos escoitar o Minueto.

15 ene 2012

Rondalleiros e rondalleiras

Antes das vacacións de Nadal, tivemos a sorte de contar con unha rondalleira experimentada, ela chámase Leticia e toca dende hai moitos anos na Rondalla de Beade coa que levan gañados xa varios concursos de rondallas e abandeirados. Ela explicounos o que era unha rondalla: unha agrupación musical que tocan xeralmente no Nadal camiñando polas rúas e en pavillóns pechados, tocan instrumentos galegos coma a gaita, pandeiretas, bombos, tambores, charrascos, cristos, e outros como clarinetes, trompetas, trombóns, tubas, saxofóns, castañolas... Tamén hai rondallas que elaboran os seus propios instrumentos, algunhas fan música cun serrucho ou un ouriñal.
A rondalla de Beade ten un vestiario común para todos os membros da rondalla, pantalón negro e camisa branca, boina negra, capa negra e vermella e guantes brancos. Todos os instrumentos van decorados con lazos coas cores da bandeira de Vigo (branco e vermello) e na capa levan un adorno de cereixas, que son típicas de Beade. Aquí tedes unha mostra desta rondalla e o seu vestiario.


 Agora poderedes gozar dos vídeos nos que os nenos e nenas vestiron as roupas de rondalleiros/as e interpretaron a canción "o galo canta, a galiña chora; polos pitiños que durmen fóra".
GRAZAS LETICIA