28 dic 2011

Concerto de Cristina

Cristina de 6º, quixo deleitarnos con un pequeno concerto agora que xa sabe tocar un pouquiño o piano. Escolleu unha panxoliña que queremos compartir con todos e todas. ¡Cristina segue estudando que vas por moi bo camiño! (Marta Prado)

Artistas de 6º

As nenas de 6º queren compartir con todos vós estas dúas pezas de nadal que esperan que vos agraden moito. Bo Nadal a todos e todas. (Marta Prado)


18 dic 2011

Os reis en camión

Neste cole os reis non veñen en camelo como a todos os lugares do mundo, senón que veñen en batea, ou ben en camión como é o noso caso. Os nenos de 1º escenificaron esta chegada dos Reis Magos en camión cantando esta canción de Susa Herrera. Ademais temos unha Melchor raíña e tamén mecánica, xa que arranxou todos os problemas acontecidos de polo camiño. (Marta Prado)

16 dic 2011

Poema de Nadal: Pablo 3º

Aquí tedes a un gran recitador de poemas, quixo participar no blogue con este poema de Nadal que se aprendeu de memoria. Recitouno dun tirón e sen chuleta. Noraboa polo ben que recitas e polo esforzo de memoria que conleva. (Marta Prado).

Cantámosche os reis 3º

Os nenos e nenas de 3º de primaria aprenderon o que son os cantos de reis, o aguinaldo... e polo tanto aprenderon unha panxoliña deste tema. A última estrofa resistíase un pouco pero finalmente quedou bonita. (Marta Prado)

12 dic 2011

Panxoliñas de 4 anos

 Estes pequenos artistas queren dedicarvos esta bonita panxoliña que con tanto esforzo aprenderon. Esperamos que vos guste, e que valoredes o seu traballo sen fixarvos moito nos erros e despistes que como pequerrechos que son sempre hai algún. (Marta Prado)

 


8 dic 2011

Con un zurrón e un cascabel...


Unha das panxoliñas que aprenderon os nenos e nenas de 1º é esta. Aquí tedes a unha mostra, aínda que algúns saen un pouquiño despistados. Esperamos que vos guste e pronto compartiremos máis actividades convosco. (Marta Prado)

7 dic 2011

Concerto especial

Hoxe tivemos un concertista moi especial. Samuel de 4º tróuxonos o seu violín, e ademais de explicarnos as súas partes, a afinación... deunos un pequeno concerto como mostra do moito que traballa co seu violín. (Marta Prado)

29 nov 2011

Presentación 6º

Esta é a presentación que fixeron os nenos e nenas de 6º, co uso da cámara dixital e o Movie Maker como explico na de 5º. Esperamos que valoredes o seu traballo. (Marta Prado)

Presentación de 5º

Esta é a presentación dos nenos e nenas de 5º, que fixeron na aula de informática. Deste xeito aprenderon o manexo básico dunha cámara dixital, como se descargan as fotos no ordenador, e un uso básico do Movie Maker (programa co que editaron este vídeo). Esperamos que vos guste os seu traballo. (Marta Prado)

23 nov 2011

DIXITACIÓN DA FRAUTA


Estas son as notas da escala, e enriba tedes as posicións da frauta para tocar esas notas. Lembrade que a man esquerda se coloca arriba e a dereita abaixo, e que o dedo meñique da esquerda non toca. (Marta Prado)

22 nov 2011

COCORICO

Déixovos un regaliño para os nenos e nenas de infantil aínda que todos podedes gozar desta canción tan chula. Espero que vos gustara o conto e tamén a canción. (Marta Prado)

14 nov 2011

A castaña no ourizo e Non chas quero

Os nenos e nenas de 2º aprenderon algunhas cancións que vos queren amosar, unha delas cantada e outra acompañada de percusión corporal. Son uns artistas, esperamos que vos agrade a interpretación. (Marta Prado)

A castaña redonda (3 Anos)



As nenas e os nenos de 3 anos tamén traballamos o magosto a nivel musical, aquí tedes unha mostra dalgunhas das cancións que aprendimos. Esperamos que vos guste. (Marta Prado)

A miña frauta lévame 4º

Aquí tedes unha das pezas que estamos aprendendo coa frauta, pero neste caso tocada polo piano e acompañada con instrumentos de percusión.

9 nov 2011

As notas e as figuras musicais





Esta é a escala musical cos seus 7 sons repetidos. Como podedes observar hai notas que non caben no pentagrama e precisan estar fóra del, por iso se lles coloca unha liña adicional no medio como é o caso da nota DO. Estudiando a colocación das notas dentro do pentagrama poderemos interpretar partituras cos instrumentos e coa voz...
 

Estas son algunhas das figuras musicais que coñecemos, como lembraredes, nós vimos que a negra era o número 4, por iso no compás de 2/4 cabían 2 negras en cada compás.
A redonda dura 4 pulsos de negra, a branca 2, a negra 1, as dúas corcheas xuntas 1 pulso, as 4 semicorcheas 1 pulso e o silencio da negra que tamén aprendimos, 1 pulso. (Marta)

5 nov 2011

A tarrina de mantequilla

Si lembrades (nenos e nenas do 1º ciclo), con esta audición fixemos unha actividade de movemento no que íamos untando a nosa tostada ó ritmo da música e tamén dándolle uns mordiscos.

Gozade desta peza musical. Esperamos que vos guste.

Ficha de exercicios


Aquí tedes a ficha das actividades de linguaxe musical que vos din hai unhas semanas. Podedes imprimila se non a tedes ou gardala nunha carpeta no voso ordenador. Se tedes dúbidas preguntade. 


Open publication - Free publishing - More historia

Tamén subo os apuntes de historia da música que vos din fotocopiados a semana pasada e tamén outros que xa vos darei máis adiante pero que podedes ir consultando.(Marta)

3 nov 2011

Percusión corporal 5º

Os nenos e nenas de 5º empezamos a facer os nosos primeiros pinitos coa percusión corporal, resultou un pouco difícil pero pouco a pouco todos e todas poderedes ver os nosos progresos. E para mostra un botón.

2 nov 2011

SAMAÍN

Co motivo do Samaín aquí vos deixo unha foto da miña cabaza e ademais un enlace musical dun vídeo para os máis pequenos. É o noso amigo o Fantasma Manolín. Espero que vos guste.




Este outro é para os maiores, Mosntros e demais de Mamá Cabra.

30 oct 2011

Pedro e o lobo

Unha das audicións que levamos feitas neste trimestre é Pedro e o lobo, unha obra musical composta por Prokofiev en 1936. É un conto musical no que se pretende achegar ós nenos e nenas aos instrumentos da orquestra. Por iso, cada un dos protagonistas está interpretado por un ou varios instrumentos diferentes que os identifican.
Aquí vos deixo os vídeos do conto musical Pedro e o lobo.



 

Espero que vos gustara. Pliny.

O Moldava de Smetana


Esta é outra das fermosas obras musicais traballadas, o Moldava de Smetana. Nesta obra musical se describe a través da música o percorrido que fai o río Moldava dende o seu nacemento ata a súa desembocadura no Elva.

Aquí tedes as viñetas elaboradas polos nenos/as de 5º sobre a súa percepción desta obra.


Open publication - Free publishing - More dibujos

Déixovos tamén as viñetas dos nenos e nenas de 6º.

22 oct 2011

A nosa mascota

Benvidos e benvidas a este novo blogue musical. O primeiro que queremos facer e presentarvos á nosa mascota da aula de música, deseñada por Cristina de 6º. Chámase Pliny e como podedes observar é un piano moi animado. Ó longo do curso Pliny nos irá traendo moitas novidades que compartiremos con todos vós.

21 oct 2011

O vento toleirón



Hola, son Pliny e teño o pracer de amosarvos a interpretación tan estupenda que fixeron os nenos e nenas de 1º sobre a canción O vento toleirón.