29 nov 2011
Presentación 6º
Esta é a presentación que fixeron os nenos e nenas de 6º, co uso da cámara dixital e o Movie Maker como explico na de 5º. Esperamos que valoredes o seu traballo. (Marta Prado)
Presentación de 5º
Esta é a presentación dos nenos e nenas de 5º, que fixeron na aula de informática. Deste xeito aprenderon o manexo básico dunha cámara dixital, como se descargan as fotos no ordenador, e un uso básico do Movie Maker (programa co que editaron este vídeo). Esperamos que vos guste os seu traballo. (Marta Prado)
23 nov 2011
DIXITACIÓN DA FRAUTA
Estas son as notas da escala, e enriba tedes as posicións da frauta para tocar esas notas. Lembrade que a man esquerda se coloca arriba e a dereita abaixo, e que o dedo meñique da esquerda non toca. (Marta Prado)
22 nov 2011
COCORICO
Déixovos un regaliño para os nenos e nenas de infantil aínda que todos podedes gozar desta canción tan chula. Espero que vos gustara o conto e tamén a canción. (Marta Prado)
14 nov 2011
A castaña no ourizo e Non chas quero
Os nenos e nenas de 2º aprenderon algunhas cancións que vos queren amosar, unha delas cantada e outra acompañada de percusión corporal. Son uns artistas, esperamos que vos agrade a interpretación. (Marta Prado)
A castaña redonda (3 Anos)
As nenas e os nenos de 3 anos tamén traballamos o magosto a nivel musical, aquí tedes unha mostra dalgunhas das cancións que aprendimos. Esperamos que vos guste. (Marta Prado)
A miña frauta lévame 4º
Aquí tedes unha das pezas que estamos aprendendo coa frauta, pero neste caso tocada polo piano e acompañada con instrumentos de percusión.
9 nov 2011
As notas e as figuras musicais
Esta é a escala musical cos seus 7 sons repetidos. Como podedes observar hai notas que non caben no pentagrama e precisan estar fóra del, por iso se lles coloca unha liña adicional no medio como é o caso da nota DO. Estudiando a colocación das notas dentro do pentagrama poderemos interpretar partituras cos instrumentos e coa voz...
Estas son algunhas das figuras musicais que coñecemos, como lembraredes, nós vimos que a negra era o número 4, por iso no compás de 2/4 cabían 2 negras en cada compás.
A redonda dura 4 pulsos de negra, a branca 2, a negra 1, as dúas corcheas xuntas 1 pulso, as 4 semicorcheas 1 pulso e o silencio da negra que tamén aprendimos, 1 pulso. (Marta)
5 nov 2011
Ficha de exercicios
Aquí tedes a ficha das actividades de linguaxe musical que vos din hai unhas semanas. Podedes imprimila se non a tedes ou gardala nunha carpeta no voso ordenador. Se tedes dúbidas preguntade.
Open publication - Free publishing - More historia
Tamén subo os apuntes de historia da música que vos din fotocopiados a semana pasada e tamén outros que xa vos darei máis adiante pero que podedes ir consultando.(Marta)
3 nov 2011
Percusión corporal 5º
Os nenos e nenas de 5º empezamos a facer os nosos primeiros pinitos coa percusión corporal, resultou un pouco difícil pero pouco a pouco todos e todas poderedes ver os nosos progresos. E para mostra un botón.
2 nov 2011
SAMAÍN
Co motivo do Samaín aquí vos deixo unha foto da miña cabaza e ademais un enlace musical dun vídeo para os máis pequenos. É o noso amigo o Fantasma Manolín. Espero que vos guste.
Este outro é para os maiores, Mosntros e demais de Mamá Cabra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)