28 dic 2011

Concerto de Cristina

Cristina de 6º, quixo deleitarnos con un pequeno concerto agora que xa sabe tocar un pouquiño o piano. Escolleu unha panxoliña que queremos compartir con todos e todas. ¡Cristina segue estudando que vas por moi bo camiño! (Marta Prado)

Artistas de 6º

As nenas de 6º queren compartir con todos vós estas dúas pezas de nadal que esperan que vos agraden moito. Bo Nadal a todos e todas. (Marta Prado)


18 dic 2011

Os reis en camión

Neste cole os reis non veñen en camelo como a todos os lugares do mundo, senón que veñen en batea, ou ben en camión como é o noso caso. Os nenos de 1º escenificaron esta chegada dos Reis Magos en camión cantando esta canción de Susa Herrera. Ademais temos unha Melchor raíña e tamén mecánica, xa que arranxou todos os problemas acontecidos de polo camiño. (Marta Prado)

16 dic 2011

Poema de Nadal: Pablo 3º

Aquí tedes a un gran recitador de poemas, quixo participar no blogue con este poema de Nadal que se aprendeu de memoria. Recitouno dun tirón e sen chuleta. Noraboa polo ben que recitas e polo esforzo de memoria que conleva. (Marta Prado).

Cantámosche os reis 3º

Os nenos e nenas de 3º de primaria aprenderon o que son os cantos de reis, o aguinaldo... e polo tanto aprenderon unha panxoliña deste tema. A última estrofa resistíase un pouco pero finalmente quedou bonita. (Marta Prado)

12 dic 2011

Panxoliñas de 4 anos

 Estes pequenos artistas queren dedicarvos esta bonita panxoliña que con tanto esforzo aprenderon. Esperamos que vos guste, e que valoredes o seu traballo sen fixarvos moito nos erros e despistes que como pequerrechos que son sempre hai algún. (Marta Prado)

 


8 dic 2011

Con un zurrón e un cascabel...


Unha das panxoliñas que aprenderon os nenos e nenas de 1º é esta. Aquí tedes a unha mostra, aínda que algúns saen un pouquiño despistados. Esperamos que vos guste e pronto compartiremos máis actividades convosco. (Marta Prado)

7 dic 2011

Concerto especial

Hoxe tivemos un concertista moi especial. Samuel de 4º tróuxonos o seu violín, e ademais de explicarnos as súas partes, a afinación... deunos un pequeno concerto como mostra do moito que traballa co seu violín. (Marta Prado)