16 ene 2012

Festival de Nadal

Os nenos e nenas fixeron no día de Nadal unhas actuacións fermosísimas que vos deixamos aquí para que disfrutedes con elas.





Septimino de Beethoven

O  Septeto o Septimino Op. 20 de Beethoven é unha obra de xuventude. Está escrito para violín, viola, violonchelo, contrabaixo, clarinete, trompa e fagot. O nome, septeto, se debe a estar escrito para sete instrumentos.
Foi adicado á Emperatriz María Teresa e publicado en 1802. Dende un primeiro momento obtuvo unha acollida moi favorable, contribuíndo ó prestixio do xoven alemán en Viena.
Escrito en seis movementos, chegou a tocarse tanto que Beethoven pensou en substituír  os instrumentos de vento por outro violín, outra viola e outro violonchelo. O minueto acadou unha fama extraordinaria, ata o punto de que Beethoven o incluíu na Sonata Op. 49 núm. 2 para piano.
Dos seis movementos aquí podemos escoitar o Minueto.

15 ene 2012

Rondalleiros e rondalleiras

Antes das vacacións de Nadal, tivemos a sorte de contar con unha rondalleira experimentada, ela chámase Leticia e toca dende hai moitos anos na Rondalla de Beade coa que levan gañados xa varios concursos de rondallas e abandeirados. Ela explicounos o que era unha rondalla: unha agrupación musical que tocan xeralmente no Nadal camiñando polas rúas e en pavillóns pechados, tocan instrumentos galegos coma a gaita, pandeiretas, bombos, tambores, charrascos, cristos, e outros como clarinetes, trompetas, trombóns, tubas, saxofóns, castañolas... Tamén hai rondallas que elaboran os seus propios instrumentos, algunhas fan música cun serrucho ou un ouriñal.
A rondalla de Beade ten un vestiario común para todos os membros da rondalla, pantalón negro e camisa branca, boina negra, capa negra e vermella e guantes brancos. Todos os instrumentos van decorados con lazos coas cores da bandeira de Vigo (branco e vermello) e na capa levan un adorno de cereixas, que son típicas de Beade. Aquí tedes unha mostra desta rondalla e o seu vestiario.


 Agora poderedes gozar dos vídeos nos que os nenos e nenas vestiron as roupas de rondalleiros/as e interpretaron a canción "o galo canta, a galiña chora; polos pitiños que durmen fóra".
GRAZAS LETICIA