15 dic 2013

A polca da cereixa

"A polca da cereixa"é o título dunha obra de Ernesto Campos que interpreta o grupo Monexas, ademáis é a obra que van acompañar instrumentalmente os alumnos de 4º, aquí deixo o vídeo para que ensaiedes na casa.

20 oct 2013

Escoitas a música?

Esta entrada é moi breve, simplemente informarvos da escola de música que tendes cerquiña do cole, xa sabedes que a música é o mellor xeito de aprender, facer amigos e pasalo ben. Por iso, porque tamén dende o cole queremos animarvos a empregar o tempo de lecer en boas actividades deixamos aquí a fotografía do cartel que tendes colgado no cole, bueno, a verdad é que non puiden deixar a foto igual e...tiven que decorala!! :D

Un saudiño!

15 sept 2013

Que che parece a aula?

Neste novo curso temos novidades na decoración da aula. Para comezar polo principio...a porta!!seguro que xa vos dichedes de conta, son as teclas do piano.
Ademáis para que non nos escoiten tanto os demáis cativos temos un pedaciño do chan con madeira, onde sentaremos a facer xogos, relaxacións, cantar cancións...
E por último...a decoración das ventás!
Xa sabedes que temos máis debuxos, carteis...pero que vos parece?engadiríades algo máis?

Un saudiño e lémonos

26 jul 2013

Galician style


Aínda que xa aparece nos créditos do vídeo creo preciso advertir da baixa calidade do vídeo, a precariedade material e persoal deixase sentir xa dende o comezo do proxecto. Non obstante, este vídeo representa toda a nosa ilusión neste traballo, os bos momentos que pasamos tanto na gravación do audio coma no vídeo, os ensaios, o baile, a representación no nadal...
Espero que o disfrutedes tanto coma nós.
Feliz verán.


20 feb 2013

O carrillón vai de paseo

Como aparece no título un carrillón está moi disposto a facer unha viaxe polos fogares dos nenos e nenas de 6º EP, estes carrillóns teñen o obxectivo de facer que os alumnos disfruten moitísimo tocando con eles e por suposto que volvan sans e salvos a aula de música ;)
Para que sexa un pouco mais sinxelo tocar a fantástica obra de Saint Saens "A danza macabra" deixo uns vídeos, antes de nada unhas aclaracións:
1. O aparato que realiza o pulso chámase metrónomo, pensei que así sería maís sinxelo darse de conta do valor das figuras musicais.
2. Procurade utilizar as dúas mans para tocar o carrillon, por algo o instrumento leva dúas baquetas!
3. Tocade no centro da lámina, aproximadamente onde se atopa a pegatina do nome da nota.

Neste primeiro vídeo interprétase a parte do xilófono:

Neste segundo vídeo poderás escoitar a primeira parte do carrillón pero lenta, xa que é difícil deberás estudiala despacio

E xa por último a parte do carrillón completa!

Se tes algunha dúbida lembra que podes preguntar nos recreos ou na clase :)