Bos días:
Xa que a última sesión de música en sexto tivo que rematar dun xeito un tanto especial, ímolo deixar así… deixo un documento con parte da teoría explicada así como algún enlace para que poidades mellorar. Así que deixamos a proba para o vindeiro mércores 4 de marzo, sendo así unha semana máis para estudar.
Para calquera dúbida preguntadelle a Pilar ou ben deixade nos comentarios para que vos axude eu.
Por certo, non esquezades ver o vídeo de Vaia día ;)
Un saúdo e lémonos
Teoría e enlaces para 6º
24 feb 2015
19 feb 2015
Vaia día!
É o título da nova canción deste ano, a letra foi ideada polos alumnos e alumnas de 6º. Sobre a coñecida canción de ABBA, Mamma Mía, reciclando parte do baile que o grupo da clase preparou para este festival de Nadal, o ENLG xestionou a realización do vídeo que esperamos que disfrutedes moitísimo.
Un saúdo e lémonos ;)
18 ene 2015
Para documentar mellor a curtametraxe
Bos días:
Como moitos xa sabedes comezamos un novo proxecto coa finalidade de narrar a historia da publicación do Cancioneiro Musical de Galicia a través das curtametraxes propostas polo alumando. Describir apropiadamente unha persoaxe non é unha tarefa doada, por iso deixo enlaces para que poidades documentar mellor o voso traballo.
Casto Sampedro y Folgar
Victor Said Armesto
Xosé Filgueira Valverde

Suscribirse a:
Entradas (Atom)